P R E S E N T A C I Ó N

HISTORIA

Unha historia con substancia.

No 1959 Manuel Chousa fundou na cidade de Lugo a Panadería Chousa, recoñecida polos seus produtos e servizos. A inquietude da segunda xeración trouxo o desenvolvemento da cadea de boutiques de pan Don León e, posteriormente, a tecnoloxía do ultraconxelado aplicada ós nosos obradoiros para comezar a produción pioneira de empanadas ultraconxeladas.

Así, no 1989 nace INGAPAN S.L. co reto de atender as demandas e a evolución do mercado, abrindo fronteiras e xuntando tradición e tecnoloxía.

Na actualidade, o GRUPO INGAPAN como empresa matriz e líder no seu sector de masas conxeladas, soubo trasladar todos eses coñecementos adquiridos durante os seus anos de experiencia a unha grande empresa con varias liñas de negocio e marcas.

Chousa